top of page
cosecha de apple

Sobre Lara

WhatsApp Image 2025-05-02 at 08.56.54 (1).jpeg
Especialidades

Patoloxía dixestiva

Educación nutricional

Inflamación crónica

Sobrepeso e obesidade

A miña historia

 

Son Lara Álvarez Ramil, dietista-nutricionista.

Encántame viaxar e coñecer novas culturas, especialmente en canto á gastronomía, tamén me gusta cociñar para os meus amigos e a miña familia e ver como desfrutan a comida que preparo.

Non sabía o que quería estudar ata que descubrín que había unha carreira en Nutrición Humana e Dietética. Rematei a licenciatura en Vilalba (Lugo) e matriculeime na universidade de Santiago de Compostela, no Campus de Lugo. Estudei entre Lugo e Sevilla, na Universidade Pablo de Olavide (UPO) e fixen as prácticas nunha clínica de Málaga especializada en patoloxía dixestiva e perda de peso.

.

Despois de rematar a carreira, fixen o máster en educación secundaria, bacharelato e formación profesional, especialmente na materia de nutrición e seguridade alimentaria.

Ademáis, teño un posgrado de especialización en patoloxías dixestivas e inflamación crónica do ICNS.

.

Na miña consulta, Nutriterapia Vilalba, para todo tipo de pacientes sempre traballo coa intención de que aprendan a comer, que eliminen a palabra "dieta" do seu vocabulario e que grazas á miña axuda e acompañamento logren os seus obxectivos persoais e melloren a súa calidade de vida. .

bottom of page