
Coñéceme mellor
Son Lara Álvarez Ramil, dietista- nutricionista. Cando me decatei de que existía a carreira de Nutrición Humana e Dietética, souben o que quería estudar, asique terminei o Bacharel en Vilalba (Lugo) e matriculeime na carreira na universidade de Santiago de Compostela, no Campus de Lugo. Estudei entre Lugo e Sevilla, na universidade Pablo de Olavide ( UPO) e realicei as miñas prácticas nunha clínica de Málaga especializada en patoloxía dixestiva e perda de peso.
Tras acabar a carreira fixen o Máster de Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, particularmente na materia de Nutrición e Seguridade Alimentaria. Actualmente estou a me especializar na nutrición en inflamación crónica e patoloxía dixestiva.
Teño a miña consulta, chamada Nutriterapia Vilalba para todo tipo de pacientes e sempre coa intención de que aprendan a comer, que eliminen a palabra "dieta" do seu vocabulario e que grazas á miña axuda consigan os seus obxectivos persoais e mellore a súa calidade de vida.
Receitas e Consellos
Neste apartado podes atopar tanto receitas como artigos e post que poden ser interesantes para ti.


Consultas, asesoramento, talleres e charlas.
Os meus servizos van dende consultas para todo tipo de pacientes e patoloxías ata talleres de cociña, educación nutricional, charlas a grupos e asesoramento a empresas e comedores.